Apalpando as palavras do salmom

16 novembro 2006

Caledonian Stridence

Fred Morrison agarra a gaita e, sinxelamente, tolea, enlouquece, perde o sentido. No meio da melodia e do trance, Fred, roxo cervexa, descende aos terreos da estridéncia, ali onde mellor se apalpa e se recoñece a raiz última do mundo. A enerxia dói nos tímpanos, e, como diz Thomas Kinsella no seu magnífico poema, arde no cérebro.
(Vídeo non apto para puristas e seres grisáceos).


5 Comentários:

Blogger marykinha disse...

Perdón polo retraso, pero hoxe que teño algo de tempo, aproveito para pasar a deixar a miña pegada no teu pequeno ciberespacio persoal.
Respeito ao post... bueno, non adoito escoitar música celta, pero debo recoñecer que xa sexa en música celta ou folclórica, unha gaita sempre ten un aquel, unha esencia de algo que debe de ser velenoso, posto que é capaz de embelesar as persoas que escoitan o seu son, un son que pode distorsionarse tanto pola resonancia ou eco do lugar no que nos atopemos como polo mesmo gaiteiro...
É abraiante a cantidade de "sentimentos" que poden desprenderse dunha gaita.
Bicos
P.D. Foiseme a pinza, :P

sexta-feira, novembro 17, 2006

 
Blogger Ulmo de Arxila disse...

Velenoso, velenoso pode ser a palavra... Agora mesmo estou a escuitar un "piobaireachd", 15 minutos de gaita alta escocesa solista...

sexta-feira, novembro 17, 2006

 
Blogger Ulmo de Arxila disse...

Velenoso, velenoso pode ser a palavra... Agora mesmo estou a escuitar un "piobaireachd", 15 minutos de gaita alta escocesa solista...

sexta-feira, novembro 17, 2006

 
Blogger ÁLEX disse...

paulo q video tan selecto un video apropiado para conxo non?
jojo un saudo

segunda-feira, novembro 20, 2006

 
Blogger Ulmo de Arxila disse...

Jajaja! Para Conxo ou para Castro, tamén! A verdade é que, como dizia un profesor meu, todos deveríamos estar un pouco tolos para sobreviver mellor. O Fred Morrison simplesmente vive o que fai como se non houvese outra cousa no mundo. Outra cousa que che ensina Paulo ;-)

segunda-feira, novembro 20, 2006

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial