"Orcavella", a vella de sempre
Ao meu entender, há na Galiza dous grandes redutos das crenzas e sentimentos máis antigos: un é Santo André de Teixido; o outro, a Costa da Morte, e máis en concreto Fisterra. Neste cabo do mundo (un de tantos cos que contamos ao longo da xeografia costeira galega; Muxia ou A Coruña son outros) perviven en forma de palavra quente algunhas tradizóns que, na boca, saben a xabre e a chaira vella. Un deles é a Orcavella, unha figura que en boa medida pode ver-se como o noso equivalente autóctone da Cailleach Bheare irlandesa, e de muitas outras deusas tipicamente célticas que transitan por relatos como a Tain Bó Cualngé, un dos que mellor revelan o papel que estas divindades (e, por extensión, a própria figura feminina en que se encarnan: a raiña Medb de Connacht neste caso) tiñan naquela sociedade non tan afastada. A Orcavella é a Muller Vella, con todas as conotazóns que pode despertar esta frase na mentalidade tradicional. Máis vella que o monte, máis vella que as invernias e que a Catedral de Santiago, máis vella que a égoa e a xistra. A que arrasta trás de si os promontórios primeiros. Dona da xiada e do derrubamento.
Dá conta da Orcavella o navarro Julián Íñiguez de Medrano na sua Silva Curiosa, obra publicada en Paris en 1583 na que este cavaleiro relata a sua viaxe até Fisterra (como prolongazón da sua peregrinaxe a Santiago). Di-nos que ali, nas soidades fisterrás, un ermitán contou-lle a história dunha maléfica muller, a Orcavella, que chegou à Galiza en tempos da luita contra os mouros (evidentemente, estes mouros son os mouros das nosas lendas tradicionais, os nosos particulares Tuatha De Dannan, e non os muslimes de Al Mansur). Nesa estraña dona resumen-se ao que parece todas as artes da meiga, logo dexenerada en bruxa de unto e vasoira: o mal de ollo (relacionado con divindades como Balor ou Yspadadden Penkawr, donos dun único ollo), o don da invisibilidade... Caracterizava-a a máis un desmesurado apetito sexual; raptava os mociños cos que se encaprichava, e nunca xamais se volvia saber deles. A aczón da Orcavella, que viveu 176 anos, foi extremamente destrutiva, pois reduziu a populazón do Reino da Galiza à metade. Chegada a ese ponto, retira-se a Fisterra, ao vértice, ao limite, onde fai que un pastor por ela encantado lle escave un sepulcro na pedra. Cando o pastor remata o seu traballo, ela ispe-se e introduz-se no sartego co pobre rapaz, ficando fechados ali para sempre. Especifica-se a máis que a Orcavella tardou tres dias en morrer... (tres é o número por exceléncia asociado às deusas célticas, a tríada Macha-Bodb-Morrigan, vida-morte-renascenza) e que o sepulcro se tornou inacesível porque pasou a estar rodeado de cobras e serpes horríveis (lugar pagán = lugar marcado, estigmatizado; proibido).
Há muitas implicazóns (e complicazóns) nesta lenda da Orcavella, que chega a nós convenientemente filtrada por unha mentalidade desvirtuadora dos seus pontos máis arcaicos e significativos. Mais eu sinto debilidade por este tipo de figuras lendárias nas que, como nun espello de feira (nun esperpento), podemos ver deformados e até reduzidos ao grotesco figuras noutrora altas e poderosas. Eis o caso desta Orcavella que, na realidade, é transfigurazón da antiquísimaDeusa cuxas características máis definitórias foron desvirtuadas polo cristianismo: isto é mui patente nesa libido demoniaca atribuída à vella, que non é outra cousa que a reintepretazón cristiá do culto à fecundidade e ao binómio vida-morte tan arraigado nas estremas ocidentais de Europa. Un culto tamén vixente na cercana ermida de San Guillerme, coa sua cama de pedra da que falara Sarmiento e que tanto parecido garda, se nos fixamos, con ese sepulcro no que a Orcavella comete o seu derradeiro fornício co pastor. Tamén nela, como en tantas outras camas de pedra e en tantas lendas de santos, difuminan-se os lindes entre o nascimento e o ocaso. Non podia ser doutra maneira en Fisterra, esta pátria derradeira da Vella Deusa...
Há muitas implicazóns (e complicazóns) nesta lenda da Orcavella, que chega a nós convenientemente filtrada por unha mentalidade desvirtuadora dos seus pontos máis arcaicos e significativos. Mais eu sinto debilidade por este tipo de figuras lendárias nas que, como nun espello de feira (nun esperpento), podemos ver deformados e até reduzidos ao grotesco figuras noutrora altas e poderosas. Eis o caso desta Orcavella que, na realidade, é transfigurazón da antiquísimaDeusa cuxas características máis definitórias foron desvirtuadas polo cristianismo: isto é mui patente nesa libido demoniaca atribuída à vella, que non é outra cousa que a reintepretazón cristiá do culto à fecundidade e ao binómio vida-morte tan arraigado nas estremas ocidentais de Europa. Un culto tamén vixente na cercana ermida de San Guillerme, coa sua cama de pedra da que falara Sarmiento e que tanto parecido garda, se nos fixamos, con ese sepulcro no que a Orcavella comete o seu derradeiro fornício co pastor. Tamén nela, como en tantas outras camas de pedra e en tantas lendas de santos, difuminan-se os lindes entre o nascimento e o ocaso. Non podia ser doutra maneira en Fisterra, esta pátria derradeira da Vella Deusa...
10 Comentários:
Obrigado pola información!! Jejeje ao fin resolviches as miñas dúbidas!
Supoño que por vellez referímonos a experiencia. De feito o termo aínda se usa nalgunhas extensións geográficas máis rurais. Case como acontece cando te chaman gordo e queren decir que estás cheo de saúde.
Bicos
terça-feira, novembro 21, 2006
Mmmm... Na miña terra cando lle dizen a un "gordo" quer dizer iso, "gordo"... Somos asi de básicos e directos ;-) A sério, a vellez, con efeito, liga-se à experiéncia, mais tamén ten unha conotazón máis explícita de antigüidade, de arcaísmo: os deuses e deusas son vellos por definizón, porque representan os estádios primitivos do mundo, ese Bosque primixénio. Mais a vellez tamén é sabedoria: Merlin, O Vello que Sabe dos poemas ferrinianos... son alguns exemplos. E há ainda conotazóns negativas e claramente pexorativas, quizá resultado da cristianizazón e do rebaixamento das primitivas divindades: as vellas muitas vezes relacionan-se coa bruxaria, co mal de ollo, co mal en definitiva... Olla se non como quedou a nosa pobre Orcavella, ou a sua curmá Cailleach Bhearre!
quarta-feira, novembro 22, 2006
Home...
Nom quero decir que sea así en todos lados, pero na zona de Silleda, as persoas maiores, sobretodo entre aquelas que viviron a guerra e a post-guerra, cando se refiren a alguén como gord@,ademáis de poder chamarte gordo, queren decir que estás cheo de saúde, que se te ve san... é case como cando che dixen que usamos o termo rubio para referirnos aos blanquiños de pel, en vez dos louros...
Ah e respeto ao tema da vellez, lembra que sabe máis o diablo por vello que por diablo!!
Beijos
P.D. O de onte non eran ciumes ;P
quarta-feira, novembro 22, 2006
Outro dito relativo à experiéncia da vellez e muito máis autóctone: "Fai máis o vello co uso que o novo co fuso". Mira ti para canto dá a Orcavella...
quinta-feira, novembro 23, 2006
Impresionante. Además recien llegado de esas geografías. Y no es una figura que aparezca en los libros típicos de leyendas gallegas.
La asociación con la costa de esta Orcavella es un poco rara, porque no es un ser marino. No puede ir más allá. Así como su retiro ¿voluntario? a una tumba.
quinta-feira, agosto 02, 2007
Aguaruna, o certo é que a Orcavella non é dos elementos máis coñecidos do noso folclore, ainda sendo induvidabelmente un dos máis antigos e con máis conexións noutras culturas atlánticas. Podes encontrar informazón sobre ela (e bastante extensa, por certo) no "Dicionario dos seres míticos galegos" e no magnífico "O Camiño de Fisterra" de Alonso Romero.
O retiro à tumba é, ao meu ver, un trazo cristianizador máis. A maldizón que rodea esa tumba (serpes, réptiles monstruosos...) unha expresón da proibizón da Igrexa de retomar vellos cultos e os lugares asociados a eles.
sexta-feira, agosto 03, 2007
Pero ¿con que fígura celta podemos comparar a Orcavella?...¿con la morrigan?...
No me termina de cuadrar como resto de una diosa de la guerra...¿o si?...la guerra engendra rapiña y muerte de buenos mozos, también el deseo de desenfrenado de guerra y matanza se puede comparar con el deseo sexual...
sexta-feira, agosto 03, 2007
Orcavella é o paralelo galaico da Cailleach Bheara irlandesa, unha figura mui antiga e praticamente presente en todas as culturas antigas da Europa Ocidental. Non pode dizer-se que sexa exactamente unha deusa da guerra; é a Vella Mai neolítica, na sua faceta "obscura", por asi dize-lo, pois identifica-se coa xénese da vida, mais tamén coa morte e a invernia, estreitamente relacionados con ela. Alonso Romero, n'O camiño de Fisterra que antes che recomendava, compara a Orcavella coas deusas dos relatos irlandeses en aspeitos nos que, realmente, si há unha grande semellanza: o apetito sexual desmedido, por exemplo, aparece ben refletido en Medb, raiña de Connacht na "Tain Bô Cualngé", e si, pode falar-se tamén de Morrigan e Bodb, pois a tríada Medb-Morrigan-Bodb é unha materializazón humana desa Grande Deusa triple dos celtas. Mais outra intepretazón dese apetito sexual é a capacidade da muller celta (e máis se falamos dunha deusa) de escoller livremente con quén quer xazer. De feito, Ailill, rei consorte de Connacht, é nese relato case un títere, por non dizer un claro actor secundário que nada pode sen o consentimento de Medb.
En fin, eu son partidário de ver na Orcavella un resto dun antigo equivalente galego desa Cailleach Bhearra que ainda hoxe aparece nos contos tradicionais irlandeses. Convertida, iso si (e vaia diferenza coa nosa Orcavella!!) nunha "agüelita" às vezes mui venerável...
terça-feira, agosto 07, 2007
Si, la Morrigan y Medb forman parte de esa Triada...llevas razón, me convence más Medb, en su apetito sexual y carácter dominante... en el caso de que podamos trazar esa relación...
Por otro lado, no estoy seguro, pero ¿la figura de la Cailleach Bheara realmente aparece en la literatura irlandesa más arcaica y mitológica?...¿o es una figura medieval y más reciente?...
Que Orcavella esté relacionada con Cailleach Bhera, no quiere decir que una provenga de la otra, sino que ambas pueden haber surgido de un ser mitológico común al mundo céltico, y por tanto si suponemos que las diosas mitológicas son más antiguas que las figuras de los cuentos populares más recientes, ambas figuras podrían venir de esa diosa de la guerra o de la sexualidad...Medb...
En fin, son sólo hipótesis...
quarta-feira, agosto 08, 2007
Aguaruna, non creo (nen dixen) que Orcavella proveña de Cailleach Bhearra, non. Máis ben que son figuras paralelas que surxen dun fundo comun, respondendo a unhas mesmas funzóns mitolóxicas. O curioso é que haxa tantas analoxias; e máis curioso ainda que ambas as duas figuras se conservasen até hoxe. Prova do carácter conservador e tendente ao arcaísmo das sociedades tradicionais da Europa Atlántica, à que pertencemos.
A Cailleach Bhearra é antiquísima. Anterior à cultura "céltica", desde logo (ainda que cada vez teño máis dúvidas no tocante às cronoloxias tradicionais neste sentido). Non sei se aparece nos textos mitolóxicos máis antigos (podes consultar o link que incluo neste mesmo post, con muitos máis dados), mais as suas características descreven unha divindade mui antiga, pre-histórica desde logo. E iso é fascinante; sempre me provocou verdadeiro fascínio comprovar cómo detrás de contos populares aparentemente inócuos ou de lendas xa mui asimiladas pola sociedade ocidental desde unha determinada perspectiva (penso no ciclo artúrico, por exemplo) subxazen figuras e símbolos antiquísimos, que perviven e se transfiguran en sucesivos avatares. Muitas vezes, trazos que aparecen neses contos e que nos poden parecer absurdos ou superrealistas son, precisamente, vestíxios desa história profunda e de vellos esquemas mitolóxicos que se mantiveron "fosilizados" nesas narrazóns.
E de todo iso en Galiza sabemos bastante, claro.
Espero esas fotos de San André! E por certo, recomendo-che un livriño ao fio de todo o que vimos comentando: "Contos e lendas tradicionais dos países célticos" (Jean Markale). Há tamén versión en español, por se che resultar máis accesível. Mui recomendável, e inclui un conto da Cailleach Bhearra, precisamente.
sexta-feira, agosto 10, 2007
Enviar um comentário
Subscrever Enviar feedback [Atom]
<< Página inicial