Aqui andamos de novo
Aló vai agosto, e con el o sol, a luz e... o descanso? Ben, sendo sinceros, servidor non tivo muito descanso nestes meses estivais, que polo demais pasaron voando como decote.
Como saúdo de reencontro deixo-vos aqui este vídeo que topei navegando polas procelosas augas do Youtube. O paisano chama-se David Pasquet, é bretón e é un fenómeno, en definitiva. O vídeo foi tirado no Festival Intercéltico d'Occidente de Tápia de Casarego, no ano 2007, e nel escuitades un an dro ao máis puro estilo bretón, mais con algun que outro arranxo un tanto surprendente. En fin, que gostedes e feliz reencontro coa rutina laboral, académica ou de calquer outro tipo.

1 Comentários:
Unha vez máis visito o teu blogue e atopo unha agradabel sorpresa Ulmo, eu namorado da música bretona descoñecia a este home e mailo seu grupo, eu son máis tradicional e non estou ao tanto destas fusións :)) non está nada mal o tema, máis que nada porque para estar nun festival o ar libre o máis tal é algo como isto, con marcha e tal, para desfrutalo en boa compaña e tomando unha cervexa fresquiña, pero quédome có máis tradicional, para min Tri Yann son o máximo (ou dos máximos) expoñentes da música bretona xunto con Alan Stivell, pero como dixen sempre hai sorpresar como este grupo, inda me lembro de ollar en Ortigueira hai unha chea de anos ás bagad's bretonas atronando coas súas biniu koz e mailas súas bombardas.... que tempos !!
Saúde e terra !!
quarta-feira, setembro 17, 2008
Enviar um comentário
Subscrever Enviar feedback [Atom]
<< Página inicial