Apalpando as palavras do salmom

02 dezembro 2006

La casa gris del mio cantar

Sempre há unha casa gris à que retornar. Entre as altas árvores, no médio dun bosque atravesado de xaneiros e xistras que convidan a baixar as pálpebras e deixar-se encher de lume e esplendor, mentres a neve comeza a pousar-se devagariño nas lousas... Esa casa gris na que Novoneyra (sempre Novoneyra) tocava as maos dos mortos, na que cada renxido das vellas madeiras soa a sílaba familiar e antiga, a linguaxe do clan inextinguível.
E entón cantamos, sabedores de que a casa endexamais deve derrubar-se e que cada verso é un golpe que, ben asestado, afirma e fecunda as traves de outrora. Até nós chega o murmúrio de orquestras imposíveis entre os trigos, inflamando a memória, avivando as línguas, acendendo a chaira dos ollos...
E, sen sabermos cómo, xa somos outros; xente mui vella, carqueixa, musgo, uns lábios rabiosos desde os que pingan, unha por unha, as histórias de sempre...


2 Comentários:

Blogger ghuilianxallas disse...

A min non che me fai especialmente graza que llan de cubel se nos faga popy (esta canción vai dereitiña aos 40 principais), pero teño que recoñecer que é unha canción chulísima. unha auténtica pasada. por certo, que ou o de l.lume é moi cerrado, ou estes teñen un asturianu de andar pola casa. De todos xeitos, encantoume o vídeo. Xa o pasarás hehe.

segunda-feira, dezembro 04, 2006

 
Anonymous Anónimo disse...

Non, se mal non está, aínda que cando un quere oír os Tannahill pois xa oe os Tannahill... :)

sexta-feira, dezembro 15, 2006

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial