Dinamita e sábrego
Hoxe somente queria compartir convosco duas citazóns que me encontrei lendo as páxinas culturais de La Voz de Galicia e nas que se resumen prodixiosamente duas ideas às que levava tempo dando-lles voltas no meu caletre:
Non deixa de ser un milagre construír unha cidade nunha lagoa, o que seria un bon paradigma para a arte: a criazón de acontecimentos quase-milagrosos entre o derrubamento do real. (Ruiz de Samaniego, en referencia a Venécia)
Eu há algun tempo que cheguei a unha conclusón similar, mais nunca seria quen de expresá-lo e de condensá-lo nunha frase tan ben lograda. Creo que a arte (e sobretodo a poesia, que no fin de contas engloba-o todo) é ou deve ser iso: un mecanismo de demolizón, un xeito de desfazer o mundo e de reconstrui-lo anaco a anaco. E ogallá que o resultado da reconstruzón sexa diametralmente oposto ao que havia antes da demolizón. Seria recomendável.
Eu traballo muito con mitos, que expresan a conexión profunda cos tempos ancestrais. [...] Eu só podo ser moderna se son antiga. Son unha moderna antiga ao tempo. Eu penso que teño polo menos cinco mil anos na miña xénese. A Galicia é un territorio sagrado, das expresións do sobrenatural e todo ten un lado meu, antigo. (Nélida Piñón)
Este parágrafo non deixa lugar a comentários. Eu tamén teño outros tantos séculos ao lombo. E creo que houvo un tempo no que dormin enriba de antas graníticas e cacei xabaris enormes entre os fentos dalgun bosque primixénio. Son os dias gardados no crepitar vagoroso do lume e no ruxir das águas invernais, cando renxe Xaneiro..

1 Comentários:
Séculos non sei, pero seica che botan 40 aniños rsrsrsrsrs bromas a parte, gustoume o comentario de Nélida Piñón, tamén o lin e chamoume a atención e máis agradabel que tudo iso foi atopalo no teu blogue.
Deica logo!!
sexta-feira, dezembro 15, 2006
Enviar um comentário
Subscrever Enviar feedback [Atom]
<< Página inicial