Apalpando as palavras do salmom

27 novembro 2008

Un agradecimento amplo... e chairego!

O pasado luns foi un dia especial, emotivo, irrepetível dalgun xeito.
O pasado luns apresentamos no Salón de Graus da Faculdade de Filoloxia o livro
As Crónicas Chairegas. À fin pudemos ver como un longo ano e médio de traballo dava fermosos frutos. Ainda que é o meu nome o que figura na portada, o certo é que se trata dun proxecto feito entre amigos, e, xustamente por ese motivo, duplamente satisfactória. Porque eses dezaseis contos que fun tecendo pouco e pouco ao longo dos últimos anos contaron co inestimável apoio das ilustrazóns dun vello amigo que seguramente dará muito que calar (si, si, muito que calar, non me equivoquei de verbo). Chama-se Miguel Cuba Taboada, sonoros apelidos para un artista barroco e naïf a un tempo. E que dizer do prólogo? Ese tratado de teoria literária enfundado en deliciosa e sabedora prosa que só o amigo Xosé Luís podia levar a cabo. E todo redondeado coa presenza, nen máis nen manos, que de Gonzalo Navaza. Aos tres, graciñas mil. E que non pare a cousa!
E graciñas mil tamén para os bos amigos que estiveron ao noso carón nese acto de apresentazón. Vendo-vos ali, poucos mais escollidos, un sabe que está a fazer as cousas ben. E que non fai falta que veñan altísimos académicos e recastados especialistas para que un evento coma este sexa un éxito. Xente da carreira, xente do
Instituto da Lingua Galega, xentes vidas para a ocasión desde a Chaira e outros lugares máis próximos... A todos, o dito: graciñas mil. E, como xa dixen, que non pare a cousa! A ver se o cálculo vai saindo a livro por ano.

2 Comentários:

Anonymous Anónimo disse...

Home! E logo? Non iamos perder a oportunidade, como máis ou menos veu a dicir G. Navaza, de formar parte da Historia da literatura, e ter a oportunidade cando xa sexa velliño (aos 35 ou así, que seguro que xa pido papas) de contarlles aos meus secuaces bucaneiros (outros chámanlles alumnos) que eu estiven presente o día que se apresentou o primeiro libro dese autor que estudamos na clase e (por que non?) está nominado ao Nobel de Literatura. Iso si, se o gañas, a ver se nos retiras a todos, eh!

Para un Chairego enxertado coma min ademais era unha ocasión que non podía desaproveitar. Que corra o tempo, o tempo sen días nin horas d´A Chaira, e que siga a correr a tinta para contar as Crónicas que veñen, e a ver se algún día mencionan ao Ghuilian d´A Pereira, un xalleiro que chegou á Feira e alí quedou, namorado cando a lúa amosou, ao se reflectir na lagoa, unha fermosa moza de Veria.

(Copyrights e historias desas, na conta corrente de sempre)

Bks 1000!

sexta-feira, novembro 28, 2008

 
Anonymous Anónimo disse...

da Chaira, da Pereira, da Coruña... :)

Parabéns ao autor.

domingo, novembro 30, 2008

 

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial