Un agradecimento amplo... e chairego!
O pasado luns foi un dia especial, emotivo, irrepetível dalgun xeito.
O pasado luns apresentamos no Salón de Graus da Faculdade de Filoloxia o livro As Crónicas Chairegas. À fin pudemos ver como un longo ano e médio de traballo dava fermosos frutos. Ainda que é o meu nome o que figura na portada, o certo é que se trata dun proxecto feito entre amigos, e, xustamente por ese motivo, duplamente satisfactória. Porque eses dezaseis contos que fun tecendo pouco e pouco ao longo dos últimos anos contaron co inestimável apoio das ilustrazóns dun vello amigo que seguramente dará muito que calar (si, si, muito que calar, non me equivoquei de verbo). Chama-se Miguel Cuba Taboada, sonoros apelidos para un artista barroco e naïf a un tempo. E que dizer do prólogo? Ese tratado de teoria literária enfundado en deliciosa e sabedora prosa que só o amigo Xosé Luís podia levar a cabo. E todo redondeado coa presenza, nen máis nen manos, que de Gonzalo Navaza. Aos tres, graciñas mil. E que non pare a cousa!
E graciñas mil tamén para os bos amigos que estiveron ao noso carón nese acto de apresentazón. Vendo-vos ali, poucos mais escollidos, un sabe que está a fazer as cousas ben. E que non fai falta que veñan altísimos académicos e recastados especialistas para que un evento coma este sexa un éxito. Xente da carreira, xente do Instituto da Lingua Galega, xentes vidas para a ocasión desde a Chaira e outros lugares máis próximos... A todos, o dito: graciñas mil. E, como xa dixen, que non pare a cousa! A ver se o cálculo vai saindo a livro por ano.