Apalpando as palavras do salmom

27 maio 2006

Se eu for...

Un mes: Santos e Xaneiro
Un dia da semana: segunda tamén (todo volve comezar)
Un momento do dia: pois dependerá do dia, por suposto. A hora de xantar, a hora de cear, a hora de almorzar... O meu segundo nome é Pantagruel
Un planeta: a lua chea tamén; ainda que tamén me vale en calquer outra das suas múltiplas fases
Un animal: a égoa e o xabaril, xa vos explicarei por que
Un móvel: a camiña
Unha bebida: unha caña cos amigos na Quintá ou un Bailey's cando non há Carolan's
Un instrumento musical: je je, un whistle/asubio/chifro de 5 euracos. Non, a sério, unha gaita e un acordeón diatónico, e os dias que estou en plan sublime, harpas célticas a mogollón
Unha fruta: polas suas conotazóns míticas, a mazá (se puder ser, asada e con azúcar)
Unha canzón: "Se souberas", de Budiño, e muitas de Martyn Bennett e muitas de Mercedes Peón
Unha matéria: Gramática Histórica (que hai que comer)
Unha parte do corpo: o corpo
Un obxecto: un camiño entre as bidueiras
Unha comida: mmm... os fideos con ameixas que fai miña nai, as empanadas de mazá ou de bacon que nos manda a Felisa, e por suposto o caldo nas noites de invernia
Unha personaxe animada: Homer Simpson, o meirande xénio da história
Un número: o 3 e o 9
Un autocarro: o meu Kadeto de toda a vida
Unha cidade: Santiago dolorosamente azul, creo
Unha dor: a do estómago, coisa desagradável, chico!
Un mar: todo aquel que non teña horizonte
Un idioma: o gaélico/galego (= galélico?)
Unha flor: xa, xa, soa muito a neovirxilianismo e exaltazón da cousa miúda, mais fico coas flores marelas do toxo e a xesta (patriotismo manolorivasiano)
Unha cor: negro, azul, vermello sangue
Un verbo: coloutrar
Unha estazón do ano: o outono, o inverno (onde comeza un e remata o outro?) e toda aquela na que se poda estar trás da cociña vendo nevar
Un livro: Os Eidos de Novoneyra, calquer de Cunqueiro
Un país: como non domino a xíria uziana, deixemo-lo en Bretogalizeire, ese país de meu (xa que Sás non conta como país... de momento...)
Un desporto: o futebol xogado e sofrido (pernas raspadas e piques sobre o cimento)
Un filme: se sai Audrey Tatou, ese mesmo
Unha marca: a que me deixou Roberto nos cotenos da man esquerda un dia que xogando ao futebol sobre o cimento tirou comigo polo chan (ego te absolvo, Rupertus Boirensis)
Unha série: Os Simpson, Aida, Filoloxia Galega, As Incríveis Aventuras dos Cinco Magníficos...
Unha web: www.martynbennett.com, por exemplo
Un sabor: doce, claro
Un signo do zodiaco: que pergunta! Leo, of course, que somos todo lume :-)
Un perfume: as castañas asadas (eau de marron, 100% enjebre)